Sunday, May 24, 2009

tamén eu xoguei...

crer que significamos,
unidos,
espelidos,
algo superior
á caída informe,
terriblemente fermosa,
da historia,
do que non ten nome,
do que ardeu
en guatemala
ou en el salvador,
e agardar,
outra vez
unha vez máis,
non morrer
en absoluta
soidade,
no abandono
consciente
do nome,
caídos
en rumores
rotos
de anxos,
sumando
inconscientes
atributos
que
conducen
á nada,
sen tregua
coñecida...

tamén eu
xoguei...

0 Comments:

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

<< Home